Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves

Rafael DiesteHoxe imos falar sobre Rafael Dieste, que foi un escritor nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 que morreu en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1981. Foi un escritor moi destacado do seu tempo que pertenceu á Xeración de 1925.

Con quince anos matriculouse na Escola Normal de Compostela, pero interrompeu os seus estudos para viaxar a México. Logo, entre 1921 e 1923 fixo o servizo militar na Guerra de Marrocos. Cando regresou á Galiza, rematou a carreira de xornalismo e colaborou en xornais. No 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

En 1932 trasladouse a Madrid para iniciar a súa carreira como escritor e alí estaba cando estourou a Guerra Civil en 1936.

A finais de 1937 recibiu un encargo de Castelao para dirixir Nova Galiza e en 1939 ingresou no Exército do Leste como comisario, participando na elaboración de El Combatiente del Este.

Finalmente, exiliouse coa caída de Cataluña e marchou a Buenos Aires, onde traballou como director literario na Editora Atlántica, onde apareceu a versión definitiva do seu célebre A fiestra valdeira (1958). Antes, en 1948, viaxou por Europa como comisionado do Museo Nacional de Artes Plásticas de Montevideo.

En 1961 volveu a Rianxo e publicou na Editorial Galaxia unha nova edición do seu máis famoso libro, Dos arquivos do trasno.  A mediados desa década instalouse na Coruña e en 1970 ingresou na Real Academia Galega.

Poucos meses antes da súa morte apareceu o volume Antre a terra e o ceo, que recolle artigos dos anos vinte publicados en El Pueblo Gallego. Foi nomeado Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 1981 e en 1995 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Das súas obras escritas en galego destacan en narrativa Dos arquivos do trasno, libro de contos escrito no 1926, do que a Editorial Galaxia publicou unha segunda parte ampliada en 1962 e no que moitas das historias están relacionadas con sucesos e vivencias do seu Rianxo natal. No eido teatral destaca por A fiestra valdeira, unha comedia de ambiente mariñeiro que foi publicada orixinalmente en 1927.

Roi Carballeda
Martín González
Manu Conde
Advertisements
Publicado en Literatura | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Manuel Antonio Pérez Sánchez

Manuel-Antonio

Manuel Antonio Pérez Sánchez (1900-1930) foi un poeta galego nado en Rianxo dentro de unha familia conservadora. Cando só tiña dous anos, foi vivir a Padrón a casa da súa avoa materna por causa da tuberculose que padecía seu pai e despois co seu tío que participaba nun coro da catedral de Iria Flavia.

Comezou aprendendo nun colexio relixioso e, aos once anos, escribiulle a súa nai unha carta na que lle comunicaba que non quería seguir a carreira eclesiástica. Despois disto, matriculouse nun instituto de Santiago de Compostela para cursar o bacharelato.

En Rianxo coñeceu a Rafael Dieste, co que compartiu o interese pola literatura e o nacionalismo. Aquí tamén se relacionou co seu primo Roxelio, que foi quen o animou a participar na literatura e política dende anos mozos.

Con dezasete anos enviou os seus primeiros poemas a revistas e xornais. A causa da loita anticaciquil fixo dos seus poemas unha arma de loita, por iso quería que ao pé dos poemas só aparecesen as iniciais. Despois disto, matriculouse nun instituto de Santiago de Compostela para cursar o bacharelato.

De catro a catro[1]

En 1919, a consecuencia dos consellos que lle daba o seu curmán Roxelio, comezou os estudos de Naútica en Vigo, cidade na que tivo a oportunidade de participar na II Asemblea Nacionalista e de coñecer aos membros máis importantes do galeguismo. A partir de 1921, Manuel Antonio colaborou en revistas e xornais e un ano máis tarde publicou con Álvaro Cebreiro o texto teórico Máis Alá.

No 1923 rematou os estudos de Naútica e matriculouse na Universidade en Santiago en Filosofía e Letras, carreira que nunca rematou.

En vida só publicou un libro De catro a catro (1928), aínda que moitos poemas seus apareceran en periódicos e revistas. Os outros libros que deixou permaneceron inéditos ata 1972 e titúlanse “Con anacos do meu interior”, “Foulas”, “Sempre e máis dispois” e “Viladomar”.

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Aida Oliveira

 

 

Publicado en Literatura | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Hábitos e preferencias da mocidade de Catoira (II)

Hoxe imos continuar comentando algunhas curiosidades que descubrimos grazas á enquisa sobre hábitos e preferencias da mocidade de Catoira da que vos falamos no anterior post.

Repasando as respostas que nos deron as compañeiras e compañeiros do centro ás preguntas da enquisa descubrimos unha información curiosa. Á pregunta “¿Onde ter reúnes cos teus amig@s?”, tanto as rapazas coma os rapaces de máis de 14 responderon que preferían, sobre todo, quedar c@s amig@s en lugares da localidade, áreas comerciais ou na casa de alguén. Pola contra, agrádalles menos quedar nos centros deportivos ou nos bares.

Tamén lle fixemos esta pregunta á mocidade de 12 a 14 anos. O resultado foi que os rapaces se inclinan por quedar na casa de alguén ou en áreas deportivas e, en moita menor medida, nos centros comerciais ou noutros lugares. En cambio, as rapazas desta idade optan por reunirse na casa de alguén ou nos lugares da localidade, e a minoría nalgún bar, cantina, cafetería ou similar e noutros lugares da localidade.

Deixámosvos aquí as gráficas onde podedes comprobar estas preferencias á pregunta “¿Onde ter reúnes cos teus amig@s?”.

Nueva imagen (1)Nueva imagen (2)Nueva imagen pregunta3_homes_12-14Nueva imagen

Grupo PDC 4º ESO

Publicado en Temas catoirenses | Etiquetado , | Deixar un comentario

Hábitos e preferencias da mocidade de Catoira

Hoxe imos a falar sobre unha enquisa que realizamos no noso centro para investigar os hábitos e preferencias da mocidade no concello de Catoira.

Colaboraron connosco moz@s de 12 a 16 anos e, grazas á súa axuda, descubrimos tendencias e costumes moi curiosos que queremos presentarvos e comentar

Unha das cuestións que lles pasamos pedíalles que sinalasen, entre unha batería de respostas posibles, cal era a actividade que preferían para pasar o seu tempo libre. Os rapaces e rapazas de todas as idades decantáronse por quedar cos amigos, escoitar musica e ver a TV, sobre todo.

É chamativo ver como os rapaces de maior idade (de 14 anos en diante) prefiren estar no Pc e xogar coa consola, namentres que as mulleres non están tan interesadas neses entretementos.

Tamén nos sorprendeu que, á pregunta sobre con quen acostumaban a pasar o tempo libre houbese respostas diferenciadas: as rapazas e rapaces máis pequenos (de entre 12 e 14 anos) prefiren estar coa familia, mentres que as máis e os máis maiores (de 14 anos en diante) inclínanse por quedar cos seus amigos.

Deixámosvos aquí as gráficas con todos os resultados que obtivemos sobre estas dúas cuestións. Nos vindeiros días procuraremos ir dando a coñecer máis datos desta enquisa. Agardamos que vos resulte tan interesante coma a nós!

Este primeiro bloque de gráficas é a resposta á pregunta “¿Cales son as actividades que prefires desenvolver no teu tempo libre?

ImaxeImaxeImaxeImaxe

Total1

Este outro bloque de gráficas son as respostas á pregunta “¿Con quen pasas, normalmente, o teu tempo libre?

ImaxeImaxeImaxeImaxe

Nueva imagen (5)

Grupo PDC 4º ESO

Publicado en Temas catoirenses | Etiquetado , | Deixar un comentario

O tifón Haiyan arrasa Filipinas

Hoxe imos falar sobre a catástrofe climática sucedida no Estado filipino. Mais antes de abordar esta traxedia, cómpre que lembremos algúns datos sobre este afastado país:

Image

  • Ten un clima tropical marítimo que soe ser cálido e húmido.
  • Na súa fauna as selvas e as costas son o fogar dunha ampla gama de aves, plantas, animais e criaturas mariñas.
  • Os seus idiomas oficiais son, dende 1987, o filipino e o inglés, sendo opcionais o castelán e mais o árabe.
  • Máis dun 90% da poboación é cristiá: o 80% pertence á Igrexa Católica e o 10% restante pertence a outras igrexas cristiás (Igrexa Filipina etc).

O tifón Haiyan comezou ás 08:00 am do 8 de novembro do 2013. Foi un dos máis fortes da historia filipina e do mundo, pois chegou a alcanzar os 300 km/h a acabou por cambiar totalmente a imaxe da costa e dalgunhas illas do  arquipélago. A cifra de mortos pasou dos 10.000. A cidade máis afectada  ata a data é Tacloban, que foi a primeira que acusou os efectos do tifón con golpes de vento de ata 315 km/h.

Image

Antes de que chegara o tifón, varias ONG’s foron ata a zona para evacuala, pero pouco puideron facer para axudar os 218.000 habitantes de Tacloban no transcurso de máis de seis horas que durou a tormenta. Este suceso reabriu a polémica sobre o cambio climático, xa que os expertos da ONU advertiron no outubro pasado de que a suba da temperatura dos océanos ía provocar un aumento dos furacáns e tifóns na zona.

Verdadeiramente este desastre natural foi terrible. Agardamos que, coa axuda internacional e os esforzos da poboación nativa, este país volva recuperar pronto a normalidade. Dende aquí, enviámoslles o noso afecto e solidariedade.

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Aida Oliveira
 
 
Aparte | Posted on by | Etiquetado , | Deixar un comentario

Ditan sentenza do Prestige once anos despois da catástrofe

O pasado 13 de novembro do 2013 cumprironse once anos dende que o Prestige lanzou o seu primeiro mayday por unha avaría fronte ás costas galegas, que acabou co afundimento do petroleiro e un vertido de 63.000 toneladas de fuel. Foi un aniversario especial, pois coincidiu co día no que se deu a coñecer a sentenza na que se depuraron responsabilidades sobre o que foi o maior desastre ambiental na historia de España.

Imaxe

Estiveron presentes os tres únicos acusados que foron xulgados: o capitán de petroleiro, Apostolos Mangouras; o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos; e o exdirector xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors. Había un cuarto procesado, o primeiro oficial, Ireneo Maloto, pero non puido ser xulgado porque está desaparecido.

O 13 de novembro de 2002 o Prestige, un petroleiro monocasco grego con bandeira das Bahamas cargado con 77.000 toneladas de fuel de baixa calidade, lanzou a voz de alarma tras dar sinais de comezar a naufragar fronte ás costas de Galicia.

Danos por valor de máis de 4.400 millóns

O fiscal do xuizo, Álvaro García Ortiz, presentou un informe da Universidade de Santiago de Compostela sobre o custo económico e ambiental ocasionado polo afundimento do Prestige que cifraba os danos do vertido en 4.328 millóns de euros.

A dez anos vista desta traxedia, nin as augas das costas galegas se recuperaron bioloxicamente nin a poboación puido esquecer un episodio negro da súa historia recente. Agardemos, nunca máis, ter que noticiar sobre este tipo de sucesos.

Roi Carballeda
Martín González
Manuel Conde
 
Publicado en Actualidade | Etiquetado | Deixar un comentario

Coñecendo a Castelao

castelaoHoxe imos falarvos sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que é todo un símbolo do nacionalismo galego, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra, Galicia.

Naceu en Rianxo, o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos emigrou coa súa nai a Arxentina para reencontrarse co pai, que xa marchara primeiro. Á súa volta retomou o bacharelato e cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 comezou a traballar como médico na súa vila, mergullándose na política local. Non obstante, a profesión non lograba satisfacelo e, en 1914, unha crise de cegueira acabou precipitando o seu afastamento dela. En 1916 obtivo unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra. Comezou, entón, unha etapa na que Castelao chegou a converterse no principal referente da arte galega.

O Castelao político xa participara nas Irmandades da Fala desde o nacemento destas en 1916, promovendo a constitución dunha delegación local en Pontevedra, actuando como delegado nas Asambleas Nacionalistas e colaborando en A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista.

castelao2A finais dese ano contribuíu con numerosos mitins á unificación e consolidación do noso nacionalismo. Mais os movementos revolucionarios de Asturias e Cataluña en outubro de 1934 provocaron a reacción do goberno conservador descabezando o Partido Galeguista, suspendendo a publicación A Nosa Terra e desterrando a Castelao a Badaxoz. Ao ano seguinte retornou a Pontevedra e, co Partido Galeguista integrado na Fronte Popular, conseguiu, nas eleccións xerais de 1936, o escano co maior número de votos de toda Galicia.
Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que plasma nos álbums de guerra –Galiza mártir, Atila en Galiza, Milicianos-, de gran difusión internacional.

Bandeira de todo galeguismo, desenvolveu unha actividade continua no exilio, reorganizando as comunidades galegas coa esperanza de que caese o réxime franquista. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a pintura por mor da súa cegueira, concentrouse na publicación da súa principal obra política: Sempre en Galiza.
Nos primeiros meses de 1949 un cancro de pulmón afastouno da actividade pública. En 1950, ano en que se disolveu o Partido Galeguista, faleceu en Bos Aires, o día 7 de xaneiro.

 
Roi Carballeda Coira
Manuel Conde Isorna
Martín González Miguéns
 

 

Publicado en Literatura | Etiquetado , | Deixar un comentario