A GUERRA

Xeneral

 Sei ben o quexeneral (2) pensan de min. Que non teño corazón nin alma. Alguén ten que dar ordes, animar as tropas, tomar decisións. Sei ben que son persoas e son consciente do que deixan atrás. Teñen medo. Nunca lles pediría que non o tivesen. O valente non é o que non ten medo se non o que sabe acéptalo. Sei, sei o que é matar e mancharse e outros estiveron aquí cando eu me arrastraba. Agora tócame a min. Eu tamén fun dado por morto. Agora de min dependen os mozos que disparan, as mulleres que fabrican as municións. Sei, sei que se encherán os hospitais de homes feridos, choros de dor pero non serei eu quen o faga se non as balas e canóns. Sei, sei que o sacrificio terá en prol da vitoria. VENCEREMOS.

Aida Oliveira

Carteiro

carteiroIsto é unha loucura sen pés nin cabeza. Veño a por un novo informe unha e outra vez. Cada día máis de 300 soldados mortos, soldados que son rapaces, fillos, maridos, pais.

Hoxe xa van máis de oitenta e o sol aínda non saíu. Cando rematara isto? Con cantas máis mortes temos que cargar? Os homes mortos, as  mulleres botín de guerra. Xoguetes nas mans dos vencedores. Non sei se insultalos, odialos ou compadecerme tamén deles. Os nosos fillos serán os seus arados ou marcharán na noite cara outro lugar calquera, quizais sobrevivan, quizais. Quizais mañá me atopen morto na miña casa, esmagado por unha bala de canón, esnaquizado pola metralla, afogado no meu asco. Quizais veñan polas casas e maten a todos.

Onte apareceron as primeiras minas. Hoxe cinco dos nosos saltaron polo aire e caeron tinguindo de vermello a area. Que se pode recoller deles? Que podo levar eu ós seus? Que podo darlles que non sexa dor? Só identificaron a un. Podo velas bágoas.

Silvana Alcalde

Soldado Morto

 soldado mortoAlguén ten que morrer, non? Sempre así. Alguén ten que morrer. Alguén ten que morrer. Por alguén que dorme en plumas. Adeus amigo, adeus pai, adeus irmá.

Onte estiven vivo, hoxe? Mañá? Quen sabe. Din que hai unha bala para cada un. Quen fixo a miña bala? Quen a montou? Quen a empaquetou? Quen a cargou? Que a disparará?

Ninguén sae de aquí vivo. Nin os que camiñen o estarán. E saes ó campo, berrando, correndo apertando as mans. Por todo o que queda atrás. Fágoo por eles?

E quen ha recordar o meu nome? Para quen serei unha imaxe? Meu pai foi un heroe escoitarase no patio dun colexio, no ceo estrelado, no fondo do mar. Para que? Por que?

Carolina Blanco

Axustizador

axustizador1Día tras día, en bombardeo constante de ferro, chumbo e carne. E eu aquí, detrás das liñas. “Acaba con tódolos covarde” dixéronme. “Todo o que retroceda debe morrer, non merece o uniforme” dixeron. Covardes? Non sei. Non só eu perdín amigos, todos somos vítimas deses homes que nos mandan.

Quen sabe o que é a guerra? Quen? Que o sabe se non tivo que mirar os ollos do inimigo, as súas mans, o seu medo? Quen o sabe se non estivo sobre a liña que separa vida e morte?

Poñer ben o uniforme? Lustra-las botas? “Arriba soldado” dicían na academia. Quen nos prepara para a guerra? Para o medo.

A metro e medio baixo terra, entre a morte, coas balas a bater por riba. Quen non teme? Quen non recorda? E eu teño que matalos. E matarme a min con eles.

Martín González

Desertor

desertorClaro, teño que morrer eu. Que fácil é mandar persoas á carnicería. Hai xustiza nesas ordes, humanidade nos que nos mandan? Só hai odio, xenreira e maldade nas bocas dos que nos condenan cada día. Condenados estamos.

Metido neste burato. Merda, non son unha pedra. Teño moito polo que vivir. Non quero morrer. Non quero morrer! Non quero ser un heroe, nunca quixen. Covarde? Quen non ten medo aquí soterrado? Cínicos, malditos.

Que van facerme? Matarme? Ódiovos. Ódiovos tanto que se me rompen os dedos. Non vou saír por vós. Non o farei. Non!

Roi Carballeda

Xuíz

xuíz (2)Alguén ten que pagar polos seus actos. Non abonda facer sen máis. Nunca abondou. Diante miña este covarde. “Non puiden facelo” “acordeime dos meus fillos, da miña muller”. Os cadáveres que estran os campos aínda teñen apertadas nas mans os recordos dos seus. Mais de nós depende que eses fillos e mulleres poidan vivir. Os fillos e mulleres de tantos.

Agora toca xulgar e tócame a min. Todos temos medo. Quen non? O que non teña non é humano. Máis loitar é a razón desta guerra pois a nosa misión é xusta. Xustiza. A ti reclamo, xustiza, a capacidade de xulgar a este home.

A razón desta guerra. Pode ter razón a guerra? A razón da guerra é saír da trincheira para ser carne de chumbo? Así debe ser. Así foi encomendado.

Agora teño este home diante e na miña man está o seu futuro. Xustiza, dáme valor e criterio. Se un acto pode ser xusto.

Manuel Conde
 
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade, Efemérides, Historia, Literatura coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s