A Primeira Guerra Mundial

Estes días, con motivo do seu centenario, estivemos investigando sobre a I Guerra Mundial (1914-1918). Mirando aquí e acolá descubrimos que foi o maior conflito bélico do século XX, iniciado, principalmente, polo asasinato do arquiduque de Austria (Saraievo). Resulta que durou nada máis e nada menos que catro anos e que morreron nela millóns de persoas.

ImaxeA guerra enfrontou inicialmente a Reino Unido, Francia e Rusia contra Austria-Hungría, Alemaña, Turquía e Bulgaria. Co paso do tempo tamén se uniron países como Xapón, Estados Unidos e Italia. Venceron os aliados e o mapa de Europa reordenouse (podes ver isto máis ampliado clicando no mapa que acompaña estas liñas).

Durante esta época tamén ocorreu a Revolución Rusa, o que fixo que Rusia non estivese representada no Tratado de Versalles e pactase por separado a paz coas potencias centrais. As consecuencias disto terían que ver coas causas da Segunda Guerra Mundial.

A Primeira Guerra Mundial tivo varias fases:

1ª fase: Desapareceron o I e o II exércitos rusos e morreron aproximadamente un millón de austríacos a causa das batallas.

2ª fase: Estados Unidos declarou a guerra ao Imperio Alemán despois do afundimento do transatlántico británico RMS Lusitania.

3ª fase: Acabaron todos os combates, anulouse o II Reich e, tras o exilio do Kaiser Guillerme II instaurose a República Alemá.

exercito_primeira_guerra_mundialTamén aprendemos que, tras a guerra, houbo cousas que cambiaron en Europa. Por exemplo:

  • Medrou a rivalidade franco-prusiana.
  •  Fíxose máis intenso o enfrontamento entre Alemaña e Gran Bretaña.
  • Espertaron por toda Europa enormes tensións nacionalistas.
  • Establecéronse dúas fontes de alianzas antagónicas:
    • A Tripla Alianza, integrada por Alemaña, Austria e Italia.
    • O Triplo Acordo, constituído por Francia, Gran Bretaña e Rusia.

O ronsel de todo o anterior foi que:

  • Houbo grandes perdas humanas e económicas.
  • Creáronse novos estados.
  • Europa perdeu a súa hexemonía mundial.
  • Asináronse varios tratados, como a Paz de París ou o Tratado de Versalles.
  • Creouse un organismo mediador internacional (A Sociedade de Nacións).

primeira-guerra-mundialEstá claro que, tras a I Guerra Mundial Europa e o mundo cambiaron.

Agora que chegamos ao seu primeiro centenario está ben que reflexionemos sobre as consecuencias, algunhas moi negativas, que nos trouxo, pois só coñecendo o noso pasado seremos capaces de non volver repetir os erros que cometemos.

a

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Aida Oliveira
Estas entrada foi publicada en Historia coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario