A Monarquía e a República

Os acontecementos sucedidos estes días fixéronnos reflexionar sobre a monarquía e a república, así que pensamos que era un bo momento para investigar un pouco sobre estas dúas formas de goberno. Deixámosvos aquí o que descubrimos sobre elas. Esperamos que vos sexa ilustrativo e vos axude a entender mellor a nosa actualidade.

A Monarquía é a forma de goberno onde o Xefe de Estado non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por tempo limitado, e exérceo ata o seu falecemento ou ata que renuncie. Recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco.

alfonso-X

A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou prohibir leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro.

Como exemplo de monarquías absolutas podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns ou a Francia de ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei é o Xefe de Estado e logo existe a figura do primeiro ministro, tamén chamado Presidente do Goberno.

Tamén pode ocorrer que un mesmo monarca sexa xefe de dous ou máis Estados, cousa que ten sucedido moi a miúdo na historia por razóns de alianzas matrimoniais entre descendentes rexios.

Unha república é unha forma de goberno na que o poder reside no pobo e goberna un presidente elixido por este.

Na Primeira República Española (1873-1874) houbo cinco presidentes (Estanislao Figueras, Francisco Pi y Margall, Nicolás Salmerón, Emilio Castelar, Francisco Serrano y Domínguez), catro deles do mesmo Partido Republicano Federal.

republica-21Durante este período destacan tres conflitos simultáneos: a Terceira guerra carlista, a sublevación cantonal na Península Ibérica e a Guerra dos Dez Anos en Cuba.

A Segunda República Española foi o réxime político que existiu entre o 14 de abril de 1931 e o 1 de abril de 1939. O primeiro presidente desta II República foi Manuel Azaña. Neste tempo, a historia política divídese en tres etapas: Primeiro Bienio, Segundo Bienio e Fronte Popular.

No tempo da Guerra Civil (18-7-1936 a 1-4-1939) a Segunda República Española tivo tres gobernos: o presidido polo republicano José Giral, o do socialista Francisco Largo Caballero e o do tamén socialista Juan Negrín. Despois do golpe de Estado do coronel Casado, a república deixou de existir en España, dando paso á vitoria do bando sublevado dirixido polo xeneral Franco.

O goberno autocrático do xeneral Franco estendeuse en España ata a súa morte o 20 de novembro de 1975. Tras o seu falecemento instituíuse en España unha monarquía constitucional da que foi cabeza do Estado o rei Juan Carlos I.

O pasado 2 de xuño o rei Juan Carlos abdicou da Coroa. A partir deste momento ábrese un período de sucesión que rematará na proclamación do seu fillo como novo rei de España co nome de Felipe VI.

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Roi Carballeda
Manuel Conde
Martín González
Aida Oliveira
Advertisements
Publicado en Actualidade | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

A GUERRA

Xeneral

 Sei ben o quexeneral (2) pensan de min. Que non teño corazón nin alma. Alguén ten que dar ordes, animar as tropas, tomar decisións. Sei ben que son persoas e son consciente do que deixan atrás. Teñen medo. Nunca lles pediría que non o tivesen. O valente non é o que non ten medo se non o que sabe acéptalo. Sei, sei o que é matar e mancharse e outros estiveron aquí cando eu me arrastraba. Agora tócame a min. Eu tamén fun dado por morto. Agora de min dependen os mozos que disparan, as mulleres que fabrican as municións. Sei, sei que se encherán os hospitais de homes feridos, choros de dor pero non serei eu quen o faga se non as balas e canóns. Sei, sei que o sacrificio terá en prol da vitoria. VENCEREMOS.

Aida Oliveira

Carteiro

carteiroIsto é unha loucura sen pés nin cabeza. Veño a por un novo informe unha e outra vez. Cada día máis de 300 soldados mortos, soldados que son rapaces, fillos, maridos, pais.

Hoxe xa van máis de oitenta e o sol aínda non saíu. Cando rematara isto? Con cantas máis mortes temos que cargar? Os homes mortos, as  mulleres botín de guerra. Xoguetes nas mans dos vencedores. Non sei se insultalos, odialos ou compadecerme tamén deles. Os nosos fillos serán os seus arados ou marcharán na noite cara outro lugar calquera, quizais sobrevivan, quizais. Quizais mañá me atopen morto na miña casa, esmagado por unha bala de canón, esnaquizado pola metralla, afogado no meu asco. Quizais veñan polas casas e maten a todos.

Onte apareceron as primeiras minas. Hoxe cinco dos nosos saltaron polo aire e caeron tinguindo de vermello a area. Que se pode recoller deles? Que podo levar eu ós seus? Que podo darlles que non sexa dor? Só identificaron a un. Podo velas bágoas.

Silvana Alcalde

Soldado Morto

 soldado mortoAlguén ten que morrer, non? Sempre así. Alguén ten que morrer. Alguén ten que morrer. Por alguén que dorme en plumas. Adeus amigo, adeus pai, adeus irmá.

Onte estiven vivo, hoxe? Mañá? Quen sabe. Din que hai unha bala para cada un. Quen fixo a miña bala? Quen a montou? Quen a empaquetou? Quen a cargou? Que a disparará?

Ninguén sae de aquí vivo. Nin os que camiñen o estarán. E saes ó campo, berrando, correndo apertando as mans. Por todo o que queda atrás. Fágoo por eles?

E quen ha recordar o meu nome? Para quen serei unha imaxe? Meu pai foi un heroe escoitarase no patio dun colexio, no ceo estrelado, no fondo do mar. Para que? Por que?

Carolina Blanco

Axustizador

axustizador1Día tras día, en bombardeo constante de ferro, chumbo e carne. E eu aquí, detrás das liñas. “Acaba con tódolos covarde” dixéronme. “Todo o que retroceda debe morrer, non merece o uniforme” dixeron. Covardes? Non sei. Non só eu perdín amigos, todos somos vítimas deses homes que nos mandan.

Quen sabe o que é a guerra? Quen? Que o sabe se non tivo que mirar os ollos do inimigo, as súas mans, o seu medo? Quen o sabe se non estivo sobre a liña que separa vida e morte?

Poñer ben o uniforme? Lustra-las botas? “Arriba soldado” dicían na academia. Quen nos prepara para a guerra? Para o medo.

A metro e medio baixo terra, entre a morte, coas balas a bater por riba. Quen non teme? Quen non recorda? E eu teño que matalos. E matarme a min con eles.

Martín González

Desertor

desertorClaro, teño que morrer eu. Que fácil é mandar persoas á carnicería. Hai xustiza nesas ordes, humanidade nos que nos mandan? Só hai odio, xenreira e maldade nas bocas dos que nos condenan cada día. Condenados estamos.

Metido neste burato. Merda, non son unha pedra. Teño moito polo que vivir. Non quero morrer. Non quero morrer! Non quero ser un heroe, nunca quixen. Covarde? Quen non ten medo aquí soterrado? Cínicos, malditos.

Que van facerme? Matarme? Ódiovos. Ódiovos tanto que se me rompen os dedos. Non vou saír por vós. Non o farei. Non!

Roi Carballeda

Xuíz

xuíz (2)Alguén ten que pagar polos seus actos. Non abonda facer sen máis. Nunca abondou. Diante miña este covarde. “Non puiden facelo” “acordeime dos meus fillos, da miña muller”. Os cadáveres que estran os campos aínda teñen apertadas nas mans os recordos dos seus. Mais de nós depende que eses fillos e mulleres poidan vivir. Os fillos e mulleres de tantos.

Agora toca xulgar e tócame a min. Todos temos medo. Quen non? O que non teña non é humano. Máis loitar é a razón desta guerra pois a nosa misión é xusta. Xustiza. A ti reclamo, xustiza, a capacidade de xulgar a este home.

A razón desta guerra. Pode ter razón a guerra? A razón da guerra é saír da trincheira para ser carne de chumbo? Así debe ser. Así foi encomendado.

Agora teño este home diante e na miña man está o seu futuro. Xustiza, dáme valor e criterio. Se un acto pode ser xusto.

Manuel Conde
 
Publicado en Actualidade, Efemérides, Historia, Literatura | Etiquetado | Deixar un comentario

14 de abril: Día da República

O próximo luns 14 de abril celébrase o día da República Española. Con tal motivo imos falar un pouco sobre esta conmemoración.

O primeiro intento republicano na historia de España foi unha experiencia curta nun momento no que reinaba a inestabilidade política. No seu primeiro ano houbo catro presidentes do Poder Executivo, todos dun mesmo Partido Republicano Federal, ata que o golpe de Estado do xeneral Pavía, que tivo lugar o 3 de xaneiro do 1874, puxo fin á República Federal proclamada en xuño de 1873. Isto deu paso á instauración dunha República Unitaria baixo a ditadura do xeneral Serrano, que foi o líder do conservador Partido Constitucional.

Imaxe

Este período estivo marcado por tres conflitos armados simultáneos: a terceira guerra carlista, a sublevación cantonal na Península Ibérica e a Guerra dos Dez Anos en Cuba.

A segunda República Española foi o réxime político que existiu en España entre o 14 de abril de 1931 e o 1 de abril de 1939 (precisamente por esta primeira data de proclamación é polo que hoxe seguimos celebrando o Día da República neste momento). O primeiro presidente desta II República foi Manuel Azaña. Con el, e tras o período do Goberno Provisional, aprobouse a Constitución de 1931 e empezaron as primeiras reformas importantes do primeiro terzo do século XX en España. Neste tempo, a historia política adoita dividirse en tres etapas: Primeiro Bienio, Segundo Bienio e Frente Popular.

Xa no tempo da Guerra Civil (18-7-1936 a 1-4-1939) a Segunda República Española tivo tres gobernos: o presidido polo republicano José Giral, o do socialista Francisco Largo Caballero e o do tamén socialista Juan Negrín. Despois do golpe de Estado do coronel Casado, a república deixou de existir no territorio español, dando paso á vitoria do bando sublevado dirixido polo xeneral Franco.

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Aida Oliveira
Aparte | Posted on by | Etiquetado , | Deixar un comentario

Día Mundial da Poesía

Boas, amigos e amigas:

bebe-leyendoHoxe imos ocuparnos do Día Mundial da Poesía, que se celebra cada ano o 21 de Marzo. Este evento foi creado pola UNESCO durante a súa 30ª reunión, que tivo lugar na cidade de París en 1999. A finalidade coa que naceu foi a de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética, por iso esta celebración nos invita a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética para transformar o mundo.

Este evento, que fortalece a cultura no noso planeta, fai que se promovan importantes actos en moi diferentes cidades do mundo, como París, Ámsterdam, Berlín ou Bogotá. En Europa o Día Mundial da Poesía é tamén coñecido polo nome da Primavera de los Poetas.

En tan sinalada data, convidámosvos a que leades algún poeta da vosa preferencia. Na nosa lingua temos moito onde escoller. A seguir, deixámosvos algúns enlaces que vos poden ser de utilidade. Boas lecturas!

bvg

adelg

Roi Carballeda
Manu Conde
Martín González
Publicado en Efemérides | Etiquetado | Deixar un comentario

Orixe e sentido do Día de San Valentín

Hoxe imos a falar sobre a festividade San Valentín, tamén coñecido como o Día dos Namorados, que se celebra o 14 de Febreiro.

San Valentín é o patrón dos namorados e dos apicultores e tamén se invoca contra a peste. Valentín foi un médico que se converteu en sacerdote en Roma no século III.

tumblr_mvvo8nlZ7k1s9da65o1_500Descubrimos así que a historia de San Valentín ten varias versións. Sabemos que na Roma antiga se celebraba o Día do Amor en memoria ao deus grego Eros, data na que as mozas e mozos que andaban a buscar parella honraban o deus con ofrendas e peticións. San Valentín protagonizou un feito de rebeldía ao casar en secreto as parellas de rapaces que llo pedían, pero, cando chegou este feito aos oídos do emperador, este quixo coñecelo e escoitar o que lle dicía. Despois disto, o emperador ordenou condenar a San Valentín e acabou no cárcere. Estando alí namorou da filla do carcereiro, á quen lle escribiu unha carta que asinou “Do teu Valentín”. Celébrase o 14 de Febreiro porque é o día no que foi executado San Valentín.

A partir desta historia, xorde ese costume de intercambiar mensaxes, postais ou cartas de amor dedicadas á parella.

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Aida Oliveira
Aparte | Posted on by | Etiquetado | Deixar un comentario

Día da Paz

Hoxe imos falar sobre o Día da Paz (DENIP), que se conmemora o 30 de xaneiro, unha xornada educativa celebrada en España dende 1964.

O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos.

Imaxe

Neste día, os colexios e centros convertense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura ou relixión.

O día 30 de Xaneiro conmemórase, ademais, a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asesinado a tiros por un fanático hinduista, por iso se escolleu esta data como a propia para celebrar o Día da Paz.

Roi Carballeda
Martín González
Manu Conde
Publicado en Efemérides | Etiquetado | Deixar un comentario

A Primeira Guerra Mundial

Estes días, con motivo do seu centenario, estivemos investigando sobre a I Guerra Mundial (1914-1918). Mirando aquí e acolá descubrimos que foi o maior conflito bélico do século XX, iniciado, principalmente, polo asasinato do arquiduque de Austria (Saraievo). Resulta que durou nada máis e nada menos que catro anos e que morreron nela millóns de persoas.

ImaxeA guerra enfrontou inicialmente a Reino Unido, Francia e Rusia contra Austria-Hungría, Alemaña, Turquía e Bulgaria. Co paso do tempo tamén se uniron países como Xapón, Estados Unidos e Italia. Venceron os aliados e o mapa de Europa reordenouse (podes ver isto máis ampliado clicando no mapa que acompaña estas liñas).

Durante esta época tamén ocorreu a Revolución Rusa, o que fixo que Rusia non estivese representada no Tratado de Versalles e pactase por separado a paz coas potencias centrais. As consecuencias disto terían que ver coas causas da Segunda Guerra Mundial.

A Primeira Guerra Mundial tivo varias fases:

1ª fase: Desapareceron o I e o II exércitos rusos e morreron aproximadamente un millón de austríacos a causa das batallas.

2ª fase: Estados Unidos declarou a guerra ao Imperio Alemán despois do afundimento do transatlántico británico RMS Lusitania.

3ª fase: Acabaron todos os combates, anulouse o II Reich e, tras o exilio do Kaiser Guillerme II instaurose a República Alemá.

exercito_primeira_guerra_mundialTamén aprendemos que, tras a guerra, houbo cousas que cambiaron en Europa. Por exemplo:

  • Medrou a rivalidade franco-prusiana.
  •  Fíxose máis intenso o enfrontamento entre Alemaña e Gran Bretaña.
  • Espertaron por toda Europa enormes tensións nacionalistas.
  • Establecéronse dúas fontes de alianzas antagónicas:
    • A Tripla Alianza, integrada por Alemaña, Austria e Italia.
    • O Triplo Acordo, constituído por Francia, Gran Bretaña e Rusia.

O ronsel de todo o anterior foi que:

  • Houbo grandes perdas humanas e económicas.
  • Creáronse novos estados.
  • Europa perdeu a súa hexemonía mundial.
  • Asináronse varios tratados, como a Paz de París ou o Tratado de Versalles.
  • Creouse un organismo mediador internacional (A Sociedade de Nacións).

primeira-guerra-mundialEstá claro que, tras a I Guerra Mundial Europa e o mundo cambiaron.

Agora que chegamos ao seu primeiro centenario está ben que reflexionemos sobre as consecuencias, algunhas moi negativas, que nos trouxo, pois só coñecendo o noso pasado seremos capaces de non volver repetir os erros que cometemos.

a

Silvana Alcalde
Carolina Blanco
Aida Oliveira
Aparte | Posted on by | Etiquetado , | Deixar un comentario